PORTADA

Organigrama Estatutos
Clubs
Arbitros
Médico

Licenzas
Enlaces
Descargas
Alto Nivel

DEPORTES

CALENDARIO

RESULTADOS
RÉCORDS
GALERÍAS

Paralímpicos Galegos

Ránking
Internacionais


SYDNEY 2000
ATENAS 2004
PEKIN 2008

CLUBS:
ADM Ferrol
AMFIV
BASKETMI
CLUB DEL MAR
TENIS MARINEDA
VELA ESCOTA

PERSOAIS:
Alvaro Illobre
Martín Varela
Boccia
Pablo Cimadevila

Edificio de la federaciones en Vigo

FGDMF
Luis Ksado 17 of.4
VIGO 36209

TEL: 986201660
FAX:986201604
E-mail:
correo@fgddf.org



Esta páxina vese mellor en Internet Explorer, a 800x600 e fonte mediana

 

ANUNCIOS DE INTERÉS
_2008-2009 / Actualizado 30/6/09

Federación Española Deportes Discapacitados Físicos

Consejo Superior de Deportes

Comité Paralímpico Español Comité Paralímpico Español


Comité Paralímpico Internacional


Paralympic Games
Londres 2012

Próximas competicións
Data
Deporte
Competición
Lugar
11 xullo Tiro Final do Campionato Galego Arteixo
12 setembro Halterofilia 3ª proba Campionato España Oviedo
23-27 setem. Tiro Campionato España Cal.22 Cantoblanco
Resultados 2008: AUT BAD BAL BOC CIC ESQ HAL NAT TEM TEN TIR VEL
CALENDARIO DE COMPETICIÓNS 2009
Albumes de fotos en Picasa
Resultados 2009: AUT BAD BAL BOC CIC ESQ HAL NAT TEM TEN TIR VEL


Pablo Cimadevila participará no Campionato Europeo de Reykjavik, logo de conseguir a mellor marca europea do ano no Nacional de Cadiz...
> Ampliar

Juan Saavedra e Manuel Brage conseguiron sendos 1º postos no Torneo de Cantabria.
Saavedra foi primeiro en Carabina tendido (598), seguido de Brage (593). En carabina mach, Manuel Brage foi o campión (566) diante do vasco Emilio Alday.

2º proba do Campionato Galego de Tiro - Carral
...>Ampliar

Alvaro Illobre e Martín Varela, Campión e subcampión do III Trofeo Ergosaude de Marineda.
...> Ampliar

Alberto Seoane, campión de España de Tenis de Mesa.
O Club do Mar de San Amaro, 4º por equipos. ... > Ampliar ... > VER VIDEO

Os levantadores galegos, campión e subcampión no torneo de halterofilia de Pinto.
José Permuy foi o campión e Luis Miguel Pita, segundo, con récord nacional incluído. ... > VER VIDEO

Galicia, Campiona do Autonómico de Basket ... > Ampliar

Severino Mata consegue a medalla de prata na proba de Ruta nos Campionatos de España disputados en Puerto Lumbreras.
Foi cuarto na proba de contrareloxo individual. ... > VER VIDEO

Basketmi consegue o ascenso a 1ª nacional.

Alvaro Illobre, Campión de España outra vez

1ª Proba do Campionato Galego de Tiro

Oscar Sanmartín (A Roda) gañou en pistola aire e Juan Saavedra (Lucero) en Carabina Tendido SH1 ... >> Ampliar

Severino Mata, medalla de bronce nos nacionales de Pista. Nos pasados campionatos de España de Ciclismo en Pista disputados en Galapagar logrou o bronce en persecución. Na proba do kilómetro foi quinto ...>> Ampliar

Alberto Novo, Alberto Seoane e Javier Mouriño lévanse os primeiros postos do Trofeo Grumico. ..... >> Ampliar

Vicki González logra a medalla de prata no Slalom Xigante do Campionato de España de Esquí.
A Santiaguesa do Adeco Dea foi segunda tras Natalia Carpanedo, na categoría de cadeira. En slalom non acabou, tras salirse nunha porta.

Alvaro Illobre gañou a Martín Varela na final do Open de Lleida
...... >> Ampliar

Novo triunfo do Basketmi, que se coloca primeiro.
...>>Ampliar

Alberto Seoane, Campión no Open de Hungría por equipos.
En individual perdeu en cuartos fronte ao campión.

......>> Ampliar

7º, 9º e 11º para os integrantes de Escota en Santander
Os regatista do club Escota de Vigo acadaron uns resultados discretos na primeira regata da tempada, disputada en Santander. Seguimos con probaturas, cambiando de barcos, e non damos co definitivo. En Santander fixo moito vento e entrou moita auga e a máis de un houbo que rescatalo antes de que afundira. foi un aperitivo de cara as dúas seguintes probas, a disputar en Palma de Mallorca.

Basketmi volve gañan e achégase á fase de ascenso ..>> Ampliar

Alvaro Illobre e Martín Varela chegan á semifinal en Cuneo (Italia)
En individual, Alvaro caíu en cuartos.
............................................................................... >> Ampliar

1 ouro e 1 prata para Alfonso García no Cto. España de Natación
O único representante galego no Campionato de España de Natación por autonomías disputado en Murcia trouxo unha medalla de ouro en 400 libres (5:54,65), e unha de prata en 100 libres(1:17,48), a 5 segundos do fenómeno Daniel Vidal. Non está mal para comezar a tempada. Alfonso é do club Adeco Dea de Noia e aspira a grandes cousas, en vista das súas marcas. Todo será poñerse.

ALVARO ILLOBRE, Mestre Nacional
Martín Varela, terceiro
O tenista de ADM Ferrol ven de gañar o Master Nacional de Tenis disputado en Burgos. Un novo éxito no seu palmarés. O outro galego, Martín Varela, da escola de tenis de Marineda, logrou o terceiro posto, logo de perder na súa semifinal. O número 1 nacional, Kiko Tur, non puido asistir por continuar con molestias no seu brazo

O Campionato de regulariedade, entre Ares e Mugardos.
Como todos os anos, saiu da sede de ADM Ferrol unha nova edición do rallie ferrolano. Mais ou menos as mesmas caras entre os federados
, coa novidade dun equipo asturiano (Edu e Chema), que o fixeron moi ben para ser a primeira vez.
No campionato galego volveron ser os mellores Manuel Brage e Olga, diante do equipo de Angel Gárate e de Alvaro Illobre e Carla.
Para o Campionato de España, puntuaron:
1º Ángel Gárate / Lucía Pereira (Galicia)
2º José L Alvarez / Elena Suarez (Galicia)
3º Eduardo / Chema (Asturias)

Nova edición do Torneo de Ferrol de Tenis
Alvaro Illobre volveu gañar o clásico Open de Ferrol, que este ano se celebrou mais tarde por mor da Paralimpiada. Tras 3 días chuviosos, nos que houbo que xogar baixo teito, a final presentábase cun día espléndido, con Marta Souto como espectadora especial e a TV de por medio. Foi unha mágoa que o catalán Kiko Tur tivera que retirarse por una lesión de cóbado e solo se puidesen ver algún xogos.

A SELECCION GALEGA DE TENIS, CAMPIOA
En Albacete disputouse o Campionato de España por autonomías, título que viaxou para Galicia despois de eliminar a Aragón en semifinais e Cataluña, os favoritos, na final.
A selección estivo formada por Alvaro Illobre (ADM Ferrol, recente participante na paralimpiada de Pekín), Martín Varela e Juan Gutierrez (ambos da Escola de Tenis Marineda de Cambre).

Disputouse o I Torneo Grumico SD de Tenis de Mesa.
Na sede social deste club coruñés se deron cita os clubs de tenis de mesa para disputar este amistoso. Os resultados foron: En pé gañou Manuel Casas a Guillermo Doldán (ambos do Club del Mar). En cadeira venceu Alberto Novo (ADM Ferrol) a Pepe Barrio (adeco Dea). Por parellas venceron Mazás e Novo a Barrio e Juanatey.

Xa temos un 2.4 mr na casa
Fai uns días que chegou de Alacante o primeiro dos dous barcos de vela lixeira 2.4 mr. que a Fundación Iberdrola a través da FEDDF proporcionou á FGDDF. Este barco quedará cedido ao Club de Vela Escota de Vigo, para comenzar a formar un equipo que afronte con garantía as próximas competicións nacionais e internacionais de cara a conseguir a participación na vindeira paralimpiada de Londres.

 

Basketmi logra o ascenso a 1ª División nacional.
Novas

Axudas e Subvencións

Concello de A Coruña - deportes

Deputación de Pontevedra


CAMPIONATO DE ESPAÑA POR AUTONOMIAS

CAMPIONS !!

BALONCESTO

Noso cadro de Campións.

Campións de España galegos no 2009

b