Organigrama
Estatutos
Clubs
Arbitros
Médico
Licenzas
Enlaces
Descargas
Alto Nivel
DEPORTES
CALENDARIO
RESULTADOS
RÉCORDS
GALERÍAS
Paralímpicos Galegos
Ránking
Internacionais
SYDNEY 2000 ATENAS 2004
PEKIN 2008
CLUBS:
ADM
Ferrol
AMFIV
BASKETMI
CLUB DEL MAR
TENIS MARINEDA
VELA ESCOTA
PERSOAIS:
Alvaro
Illobre
Martín Varela
Boccia
Pablo Cimadevila

FGDMF
Luis Ksado 17 of.4
VIGO 36209
TEL: 986201660
FAX:986201604
E-mail:
correo@fgddf.org
Esta páxina vese mellor en Internet Explorer, a 800x600 e fonte mediana
25/1/2005.-
Varios gallegos convocados en las preselecciones de Baloncesto.
En la masculina absoluta están preseleccionados Lorenzo Envo
y David Mouriz. En la Sub-22, Agustín Alejos,
Julio Alberto Vilas, Marcos Dieguez y J.
Manuel Barroso, y en la femenina está M. Victoria
Alonso. Las selecciones definitivas se compondrán después
de la competición de Copa.
18/12/2004.-
Se disputó el Torneo de Tiro Olímpico "por la Integración".
Organizado por el club A Roda, celebrado en
el Club de Tiro de Rañobre (arteixo) bajo el patrocinio de la Excma.
Diputación de A Coruña. Gran participación en pistola,
donde ganó Sebastián Fco. Rodriguez (open), seguido de Angel
Cantón (el primer "minus") y Julián Vigara.
31/10/2004.-
José Manuel Abal se clasificó 20º en el Medio-Maratón
de Oita (Japón). >Atletismo
30/10/2004.- Manuel Brage (ADM Ferrol), Jesús Gómez
(A Roda) y Juan Saavedra, campeones gallegos de tiro olímpico 2004.
Se dá por finalizada la competición
de este año con la última tirada de Arteixo de este fin de semana.
Toda la información, en nuestra página de >Tiro.
11/10/2004.- Amfiv ganó la Copa Gallega de Baloncesto al vencer a Basketmi
por 56 a 26 en Corme.
4/10/2004.- Alvaro Illobre gana el Open de Zaragoza de Tenis.
29/9/2004.- Paralimpiadas. Chano Rodriguez consigue 3 medallas de oro en Natación
y sendas plusmarcas mundiales, además del bronce por relevos, al que
también contribuyó Pablo Cimadevila. Juan Saavedra estuvo a
punto de medalla en Tiro.
Data |
Deporte |
Competición |
Lugar |
| 17 xaneiro | Baloncesto | CAI - Aldasa Amfiv | Zaragoza |
| 17 xaneiro | Baloncesto | Montur Cid - Basketmi | |
| 15-17 xaneiro | Tenis Mesa | Campionato de España | Antequera |
| 24 xaneiro | Baloncesto | Aldasa Amfiv - ONCE Andalucía | Vigo |
| 24 xaneiro | Baloncesto | Basketmi - Zuzenak | Ferrol |
TENIS
DE MESA Disputado o Campionato Galego en Serra de Outes.
En
Individual pe gañou Alberto Seoane (Club del Mar), en individual
cadeira foi Alberto Novo (ADM Ferrol) e en dobles foi campiona a parella
Javier Mouriño y David Rivera (Grumico SD). Contamos coa presenza
do Concellal de Deportes de Outes. Destacou a participación dun novo
xogador de Adeco, de 13 anos, Abel Veiras (3º en pe)
--> Resultados
Fotos
TENIS
- Cataluña levouse o Campionato por autonomías
disputado en Cambre tras vencer a Galicia.
Tras
chegar ambas seleccións á final, os partidos individuais deron
un punto a cada equipo, polo que houbo que disputar o partido de dobles,
que gañou o combinado catalá por 6-4 e 7-5. O xogo recaíu
nos xogado-res número 2 de cada equipo, estando mais acertado o xogador
catalán. Moitos fallos e nervos nos galegos, que vían como
non eran quen de achegarse no marcador.
-->Fotos
Abegonsa BASKETMI-39/Aldasa AMFIV-68
Os de Vigo volveron levarse a Copa Galega de Baloncesto ante os ferroláns.
Os locais solo aguantaron os 6 primeiros
minutos (10-10); logo Amfiv foi escapándose no marcador. Este partido
serviu ademais como ensinanza para ambos cara o primeiro partido da Liga
Nacional, este vindeiro fin de semana.
O máximo anotador foi Prieto (amfiv), con 21 ptos.
HALTEROFILIA
Luis Miguel Pita, Campión de España.
Disputada en Oviedo a 3ª proba do calendario nacional, o levantador
de Powerfénix de Ferrol proclamouse Campión de España
na categoría de 75 Kg, e tamén Super-campión en cómputo
conxunto de todas as categorias por puntos.
Ostenta o récord de España de 75 Kg con 161,5 K. e de 82,5
Kg con 167,5
Automobilismo: Oswaldo Davila gañou o galego e Alvaro Illobre o nacional. Disputado entre Ferrol e Vilalva, constou de dúas etapas; unha o sábada pola tarde e a segundo o domingo de mañá.
Excelentes resultados
dos galegos no internacional Alacante World Cup de tiro paralímpico.
Oscar Sanmartín (A Roda) conseguíu medalla de ouro
en pistola deportiva.
Juan Saavedra (Lucero) foi prata en carabina tendido
SH2, bronce en carabina pé, e bronce
tamén en carabina tendido en 50 mts. Participaron 100 deportistas
de 16 paises.
IX
Edición, do
OPEN DE FERROL DE TENIS
O galego Alvaro Illobre (ADM
Ferrol) volveu levarse o máximo galardón do Open de Ferrol.
Alvaro gañou na final ao seu eterno rival Martín Varela (Marineda)
nunha apasionante mañán de tenis no Club de Campo por 6-4,
5-7 e 6-4. ---> Leer mais --->
Fotos
Disputouse na Coruña a I Regata Yatlant
460.
O regatista galego Javier Iribarren gañou a Regata de Vela en barcos
Yatlant 460 que organizou a Fundación María José Jove
na Coruña. O representante do Club de Vela Escota de Vigo, impúxose
en tres das cuatro mangas da gran final a seus rivais, Antonio Figueroa,
Ignacio Robles y Rafael Andarias. --->
Fotos
Antonio Figueroa, do club Vela Escota, quedou segundo na regata de Aguadulce
en El Atazar (Madrid). O primeiro foi Rafa
Andarias (Jávea), e o terceiro Israel Vega, do mesmo club. O galego
fixo segundo nas catro mangas. Esta proba é valedeira para o ránking
nacional de vela. ---> Ampliar
Juan
Saavedra en Carabina e Oscar Sanmartín en Pistola, campións
galegos de tiro. Manuel Brage
foi segundo en Carabina Mach tras Saavedra e en Pé,
tras o veterano Sanmartín. ...>
Ampliar
Pablo Cimadevila participará no Campionato Europeo de Reykjavik,
logo de conseguir a mellor marca europea do ano no Nacional de Cadiz...>
Ampliar
Juan Saavedra e Manuel Brage conseguiron sendos 1º postos no Torneo
de Cantabria. Saavedra foi primeiro en Carabina
tendido (598), seguido de Brage (593). En carabina mach, Manuel Brage foi
o campión (566) diante do vasco Emilio Alday.
2º proba do Campionato Galego de Tiro - Carral ...>Ampliar
Alvaro Illobre e Martín Varela, Campión e subcampión
do III Trofeo Ergosaude de Marineda. ...>
Ampliar
Alberto Seoane, campión de España de Tenis de Mesa. O
Club do Mar de San Amaro, 4º por equipos. ... > Ampliar
... >
VER VIDEO
Os levantadores galegos, campión e subcampión no torneo de
halterofilia de Pinto. José Permuy
foi o campión e Luis Miguel Pita, segundo, con récord nacional
incluído. ... > VER
VIDEO
Galicia, Campiona do Autonómico de Basket ... > Ampliar
Severino
Mata consegue a medalla de prata na proba de Ruta nos Campionatos de España
disputados en Puerto Lumbreras.
Foi cuarto
na proba de contrareloxo individual. ... >
VER VIDEO
Basketmi consegue o ascenso a 1ª nacional.
Alvaro Illobre, Campión de España outra vez
1ª Proba do Campionato Galego de Tiro
Oscar Sanmartín (A Roda) gañou en pistola aire e Juan Saavedra
(Lucero) en Carabina Tendido SH1 ... >> Ampliar
Severino
Mata, medalla de bronce nos nacionales de Pista. Nos pasados
campionatos de España de Ciclismo en Pista disputados en Galapagar
logrou o bronce en persecución. Na proba do kilómetro foi
quinto ...>> Ampliar
Alberto
Novo, Alberto Seoane e Javier Mouriño lévanse os primeiros
postos do Trofeo Grumico. ..... >>
Ampliar
Vicki González logra a medalla de prata no Slalom Xigante do Campionato
de España de Esquí. A Santiaguesa
do Adeco Dea foi segunda tras Natalia Carpanedo, na categoría de
cadeira. En slalom non acabou, tras salirse nunha porta.
Alvaro Illobre gañou a Martín Varela na final do Open de Lleida
...... >> Ampliar
Novo triunfo do Basketmi, que se coloca primeiro. ...>>Ampliar
Alberto
Seoane, Campión no Open de Hungría por equipos.
En individual perdeu en cuartos fronte ao campión.
......>> Ampliar
7º,
9º e 11º para os integrantes de Escota en Santander
Os regatista do club Escota de Vigo acadaron uns resultados
discretos na primeira regata da tempada, disputada en Santander. Seguimos
con probaturas, cambiando de barcos, e non damos co definitivo. En Santander
fixo moito vento e entrou moita auga e a máis de un houbo que rescatalo
antes de que afundira. foi un aperitivo de cara as dúas seguintes
probas, a disputar en Palma de Mallorca.
Basketmi volve gañan e achégase á fase de ascenso ..>> Ampliar
Alvaro
Illobre e Martín Varela chegan á semifinal en Cuneo (Italia)
En individual, Alvaro caíu en cuartos.
...............................................................................
>> Ampliar
1
ouro e 1 prata para Alfonso García no Cto. España de Natación
O único representante galego no Campionato
de España de Natación por autonomías disputado en Murcia
trouxo unha medalla de ouro en 400 libres (5:54,65), e unha de prata en
100 libres(1:17,48), a 5 segundos do fenómeno Daniel Vidal. Non está
mal para comezar a tempada. Alfonso é do club Adeco Dea de Noia e
aspira a grandes cousas, en vista das súas marcas. Todo será
poñerse.
ALVARO
ILLOBRE, Mestre Nacional
Martín Varela, terceiro
O tenista de ADM Ferrol ven de gañar o Master Nacional de Tenis disputado
en Burgos. Un novo éxito no seu palmarés. O outro galego,
Martín Varela, da escola de tenis de Marineda, logrou o terceiro
posto, logo de perder na súa semifinal. O número 1 nacional,
Kiko Tur, non puido asistir por continuar con molestias no seu brazo
O
Campionato de regulariedade, entre Ares e Mugardos.
Como todos os anos, saiu da sede de ADM Ferrol unha nova
edición do rallie ferrolano. Mais ou menos as mesmas caras entre
os federados,
coa novidade dun equipo asturiano (Edu e Chema), que o fixeron moi ben para
ser a primeira vez.
No campionato galego volveron ser os mellores Manuel Brage e Olga, diante
do equipo de Angel Gárate e de Alvaro Illobre e Carla.
Para o Campionato de España, puntuaron:
1º Ángel Gárate / Lucía Pereira (Galicia)
2º José L Alvarez / Elena Suarez (Galicia)
3º Eduardo / Chema (Asturias)
Nova
edición do Torneo de Ferrol de Tenis
Alvaro Illobre volveu gañar o clásico
Open de Ferrol, que este ano se celebrou mais tarde por mor da Paralimpiada.
Tras 3 días chuviosos, nos que houbo que xogar baixo teito, a final
presentábase cun día espléndido, con Marta Souto como
espectadora especial e a TV de por medio. Foi unha mágoa que o catalán
Kiko Tur tivera que retirarse por una lesión de cóbado e solo
se puidesen ver algún xogos.
A
SELECCION GALEGA DE TENIS, CAMPIOA
En Albacete disputouse o Campionato de España por autonomías,
título que viaxou para Galicia despois de eliminar a Aragón
en semifinais e Cataluña, os favoritos, na final.
A selección estivo formada por Alvaro Illobre (ADM
Ferrol, recente participante na paralimpiada de Pekín), Martín
Varela e Juan Gutierrez (ambos da Escola de Tenis
Marineda de Cambre).
Disputouse
o I Torneo Grumico SD de Tenis de Mesa.
Na sede social deste club coruñés se deron cita os clubs de
tenis de mesa para disputar este amistoso. Os resultados foron: En pé
gañou Manuel Casas a Guillermo Doldán (ambos do Club del Mar).
En cadeira venceu Alberto Novo (ADM Ferrol) a Pepe Barrio (adeco Dea). Por
parellas venceron Mazás e Novo a Barrio e Juanatey.
Xa
temos un 2.4 mr na casa
Fai uns días que chegou de Alacante o primeiro dos dous barcos de
vela lixeira 2.4 mr. que a Fundación Iberdrola a
través da FEDDF proporcionou á FGDDF. Este barco quedará
cedido ao Club de Vela Escota de Vigo, para comenzar a formar un equipo
que afronte con garantía as próximas competicións nacionais
e internacionais de cara a conseguir a participación na vindeira
paralimpiada de Londres.
Axudas e Subvencións
En espera da súa publicación
CAMPIONATO
DE ESPAÑA
POR AUTONOMIAS - VIC
CAMPIONS !!
Novo
sistema de apertura de licenzas deportivas
Para solicitar licenza deportiva nacional será necesario Certificado
Médico Deportivo.
Consulta
os pasos e impresos
Sicoloxía no Deporte
Logo de concluír as charlas de PSICOLOXÍA para
o AUMENTO DO RENDEMENTO, debemos de destacar aos deportistas e os adestradores
quen, co seu interese, lograron enriquecer as súas habilidades e
os seus coñecementos, colocando a súa total atención
na información e participando por completo nas actividades.
A Federación está interesada en impulsar esta area para que
o seu rendemento deportivo poténciese cada vez máis.
Esperamos contar convosco e cos que desexaban estar e non puideron, para
a próxima actividade.
TIRO OLIMPICO
Disputouse en Arteixo a XII edición do open "tirada pola integración"
Organizado polo club A Roda, gañou Juan Saavedra en Carabina Aire, Luis Leonardo en Pistola e Isabel Vazquez en Pistola Damas. O reparto de premios e un pincho deron despedida ao ano en tiro.
-> fotos (grazas a IPSCCoruña)