PORTADA

Organigrama Estatutos
Clubs
Arbitros
Médico

Licenzas
Enlaces
Descargas
Alto Nivel

DEPORTES

CALENDARIO

RESULTADOS
RÉCORDS
GALERÍAS

Paralímpicos Galegos

Ránking
Internacionais


SYDNEY 2000
ATENAS 2004
PEKIN 2008

CLUBS:
ADM Ferrol
AMFIV
BASKETMI
CLUB DEL MAR
TENIS MARINEDA
VELA ESCOTA

PERSOAIS:
Alvaro Illobre
Martín Varela
Boccia
Pablo Cimadevila

Edificio de la federaciones en Vigo

FGDMF
Luis Ksado 17 of.4
VIGO 36209

TEL: 986201660
FAX:986201604
E-mail:
correo@fgddf.org



Esta páxina vese mellor en Internet Explorer, a 800x600 e fonte mediana

 

PABLO CIMADEVILA CERTIFICA A MÍNIMA PARA O EUROPEO


O medallista paralímpico en Pequín Pablo Cimadevila realizou a mellor marca europea do ano e polo tanto certifica a súa clasificación para o campionato de Europa de natación que se celebrará do 18 ao 24 de Outubro en Reykjavik. Conseguiuno nos XLIV campionatos de España absolutos de clubs de natación para persoas con discapacidade fisica que se celebraron nas instalaciónes do polideportivo cidade de Cadiz o pasado fin de semana. Tras un descanso necesario para recuperar forzas depués dos éxitos da pasada tempada, Pablo acudirá á capital de Islandia defendendo o record de Europa que bateu na final das paralimpiadas de Pequín o verán pasado. Nesta ocasión o seu rival directo será o hungaro e anterior recorman europeo Ervin Kovac, que terá ganas de desquite tras a súa cuarta posición detras do pontevedrés en Pequín.

A satisfacción de Pablo é plena posto que acompañando aos resultados deportivos destaca o apoio fundamental que para Pablo supón o seu recente contrato de patrocinio co Concello de Pontevedra que se estenderá durante o próximo ciclo paralímpico o cal permitiralle cumprir un dos seus soños, ser imaxe da súa cidade cada vez que se tire á piscina. Destacar tamén que empresas internacionais como Rianxeira renovaron o seu apoio ao deportista durante os próximos catro anos, así como no ámbito local a ortopedia Acceda de Pontevedra, con iso demostran que a pesar da situación de crise económica institucións e empresas ven en Pablo unha aposta segura nos resultados deportivos e valoran moi positivamente o seu compromiso social e exemplo para a mocidade.