.. TENIS DE MESA


REGULAMENTO


FOTOS

RESULTADOS
2001
1998
1997
1993
1991
1990
1989
1988
1987
1986

 

DEPORTES

Bádminton
Atletismo

Automobil
Esquí
Baloncesto
Boccia
Ciclismo
Halterofilia
Hípica
Natación
web natación
Tiro Paral.
Tenis

Tenis Mesa

Vela



 

 

CLASES

Comprende probas individuais e de equipo en dúas clases de competición: de pé e en cadeira de rodas.
Os participantes en cadeira de rodas poden suxeitarse á mesa para manter o equilibrio, sempre que esta non se mova.
O sistema de clasificación de tenis de mesa componse de 10 clases funcionais de clasificación para atletas con parálisis cerebral, con amputacións e outras discapacidades e unha clase para atletas con discapacidade intelectual.

- TT1: conséguese extensión de cóbado e man mediante un movemento de oscilación iniciado desde o ombreiro. A coordinación do movemento do brazo é significativamente diferente do brazo sen deficiencia.
- TT2: A extensión do cóbado é suficiente e os movementos da man están ben coordinados pero sen potencia normal.
- TT3: mínima perda de función na man de xogo. Os lixeiros cambios na posición do corpo están asegurados porque a man libre apóiase, suxeita ou empuxa na cadeira de rodas ou a coxa. A parte inferior do corpo mantense en contacto co respaldo do asento. Os movementos cara atrás do brazo están reducidos polas desordes de equilibrio do corpo.
- TT4: movementos normais en brazo e corpo. Os movementos corporais para mellorar o alcance só son posibles mediante o uso da man libre para apoiarse, suxeitarse ou empuxarse na cadeira de rodas ou a coxa. Cando se comeza cunha man cara adiante, o corpo non se pode inclinar cara adiante de forma óptima. Dobres amputados por encima do xeonllo con muñones curtos.
- TT5: pódense inclinar cara adiante e cara atrás sen usar o brazo libre. Accións de empuxe significativas coas coxas ou ata os pés. En manexo da cadeira de rodas é óptimo polo bo movemento cara adiante e cara atrás do corpo. É posible algún movemento cara aos lados.
- TT6: combinación de discapacidades na man de xogo e as pernas.
- TT7: ambos brazos están afectados. Amputación única (brazo de xogo) ou dobre por encima ou por baixo do cóbado ou combinación de ambos.
- TT8: severa discapacidade nunha ou ambas pernas. Amputación única por encima do xeonllo ou amputación dobre por baixo do xeonllo.
- TT9: bo equilibrio dinámico. Mínima discapacidad nun ou ambos brazos ou diferenza de lonxitude nas pernas. Amputación única por baixo do xeonllo.
- TT10: función normal no brazo de xogo. Mínima perda no brazo libre. Amputación do brazo libre ata 1/3 do antebrazo.

 

 

PORTADA